Os principais obxectivos do programa son:
- Contribuír á formación de doutores/as e investigadores/as en turismo para potenciar o crecemento sustentable dunha actividade fundamental para a nosa contorna social e económica
- Fomentar a investigación para poder levar adiante unha xestión eficiente da información que permita adaptar a xestión ao perfil do consumidor turista
- Desenvolver técnicas de análise e investigación para a súa adaptación á evolución da sociedade da información
- Favorecer a cooperación entre universidades e a mobilidade de estudantado e profesorado
- Colaborar na innovación e competitividade no campo do turismo
- Desenvolver un modelo de currículo académico completo e complexo que aposte polo carácter multidisciplinar da formación turística na universidade
- Adaptar o nivel dos estudos universitarios de turismo ao existente na Unión Europea e noutros países da contorna
- Acadar a normalización dos estudos superiores de turismo a respecto do que existe noutros sectores económicos e profesionais
- Desenvolver perfiles de especialización en áreas que permitan ter en conta as necesidades de innovación que precisa a xestión empresarial e de destinos turísticos