Inicio

 

Programa de Doutoramento interuniversitario en Turismo

  • Preinscrición na UVigo: do 1 ao 8 de setembro de 2023
  • Prazas: 10 na UVigo / Modalidade: Presencial
  • Prezo: 200,00 € (importe de matrícula anual)
  • Coordina: José Antonio Fraiz Brea

 
 
 
 
 
 

 

O turismo tense consolidado como un dos sectores máis relevantes desde o punto de vista económico e social, non so en España senón tamén a nivel mundial. No contexto das disciplinas de carácter social, o turismo é un obxecto de coñecemento interdisciplinar que abrangue un amplo abano de actividades desenvolvidas por empresas privadas e institucións públicas, con impacto sobre a vida das persoas, tanto residentes como visitantes.

Este programa de doutoramento achega dúas singulariedades que o fan especialmente atractivo: a participación de 12 universidades españolas cunha dilatada traxectoria nos estudos turísticos, creando sinerxias e estímulos para o estudantado; e o carácter interdisciplinar coa implicación activa de numerosas áreas de coñecemento que contribúen a enriquecer o Programa a través dunha variada oferta de liñas de investigación.