Documento de Actividades do Doutorando
Unha vez matriculado cada doutorando/a no programa, materializarase o documento de actividades personalizado para os efectos do rexistro individualizado. Nel inscribiranse todas as actividades de interese para o desenvolvemento do doutorando/a segundo o que estableza a escola de doutoramento e será supervisado anualmente pola CAPD.
O devandito documento deberá axustarse ao formato establecido, rexistrarse na aplicación informática e quedar constancia documental que acredite a realización das actividades realizadas polo doutorando/a.
O/A estudante de doutoramento terá acceso ao documento de actividades de doutorando/a para anotar e actualizar as actividades que realice no contexto do programa. Os seus rexistros serán validados polo órgano académico.
Ao documento de actividades de doutoramento terán acceso o doutorando/a, o seu titor/a, o seu director/a de tese, así como as persoas que participen na avaliación e na xestión do expediente.
O seguimento do doutorando se levará a cabo de forma directa polo Director e o Titor da Tese, a partir da revisión trimestral do DAD e dos encontros presenciais co doutorando. Así mesmo o DAD constituirá un elemento imprescindible nos diferentes procedementos anuais de avaliación do doutorando ao longo do seu doutoramento.
Plan de Investigación
Antes de seis meses desde a data da matrícula, o doutorando/a elaborará un plan de investigación que incluirá a metodoloxía empregada e os obxectivos que se han de alcanzar, así como os medios e a planificación temporal para acadalo. O plan presentarase e avalarase co informe do director/a e do titor/a, ademais de aprobalo a CAPD. Este plan poderase mellorar e detallar no proceso de avaliación anual contando co aval do titor/a e do director/a.
Anualmente a CAPD supervisará o plan de investigación e o documento de actividades, e disporá para realizar a supervisión dos informes do titor/a e o director/a. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa.
Compromiso de supervisión
As funcións de supervisión, tutela e seguimento dos doutorandos reflectirase nun Compromiso de supervisión. Devandito compromiso será asinado por unha representación específica, o Titor e o doutorando nun prazo máximo dun mes desde a data de matrícula, incorporándose a sinatura do Director no momento da súa designación. Este Compromiso de supervisión incorporarase ao Documento de Actividades do Doutorando no momento da súa sinatura por todos os implicados.
No Compromiso de supervisión especificarase a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluíndo os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a duración do mesmo. Incluiranse tamén os deberes do Titor do doutorando e do seu Director de tese.