Os estudantes que accedan ao programa de doutoramento desde os másteres que dan acceso directo non será preciso que fagan ningún tipo de complementos de formación, a menos que queiran cursalos de modo voluntario.

No caso de que o estudantado careza da formación previa completa esixida no programa, tras a admisión e matriculación, será preciso que cursen complementos de formación específicos. Deste xeito, a Comisión Académica do programa, en atención á titulación de acceso, debe decidir, previo informe do titor/a, que complementos formativos son os adecuados a cada doutorando/a, para o que se poderán utilizar materias do Grao en Turismo e/ou dos Másteres Oficiais que dan acceso directo a este Programa de Doutoramento. En todo caso, devanditos complementos terán carácter obrigatorio para aquel estudantado que accede ao programa estando en posesión unicamente dun título de graduado ou graduada de 300 créditos ECTS ou máis, que non inclúe créditos de investigación no seu plan de estudos.

Coa finalidade de que os complementos de formación sexan adecuados e coherentes co perfil de ingreso, o ámbito científico e os obxectivos do programa, a oferta de materias a cursar como complementos debe atender ás necesidades do programa e corresponderá aos seguintes ámbitos específicos de coñecemento:

  • Planificación e xestión de destinos turísticos
  • Turismo e sociedade local
  • Análise económica do sector turístico
  • Xestión e innovación en organizacións turísticas
  • Patrimonio turístico
  • Intelixencia no ámbito turístico

Ao tratarse en cada universidade dunha oferta de materias concretas dentro de devanditos ámbitos, os contidos, competencias, obxectivos e avaliación serán os que aparecen na guía docente da materia correspondente.

A realización destes complementos será simultánea á matrícula en tutela académica no programa. Neste caso, o alumnado deberá matricularse destes complementos e, ademais, formalizar a matrícula de tutela académica no programa. Con todo, os complementos de formación deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos para alumnos a tempo completo e cinco para alumnos a tempo parcial. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

A efectos de proporcionar os devanditos complementos, as universidades do programa ofertarán as materias conforme os contidos indicados (de ata un máximo de 18 créditos), a partir das materias de grao e de másteres oficiais, para cubrir os aspectos de formación que permitan ao estudantado o seguimento do Programa de Doutoramento.