Descríbense actividades formativas xerais que permiten alcanzar o límite de 40 horas que aparece establecido na normativa de algunhas universidades do programa.
En todo caso este programa contempla a mobilidade do estudantado entre as doce universidades participantes a efecto de poder levar a cabo as actividades formativas.
Actividade | Duración | Obxectivos |
---|---|---|
Ferramentas para a xestión e recuperación da información | 8 horas 1º ano 1 / 1º ou 2º ano 2 |
Capacidade de realizar e xestionar procuras bibliográficas sobre un tema de investigación en diferentes bases bibliográficas públicas ou privadas. |
Modelos de comunicación científica | 12 horas 2º ano 1 / 2º ou 3º ano 2 |
Adquisición dos coñecementos necesarios sobre as formas de realizar a comunicación e divulgación científica. |
Modelos de transferencia de coñecemento | 14 horas 3º ano 1 / 3º ou 4º ano 2 |
Introdución aos conceptos básicos do proceso de transferencia do coñecemento e no seu caso de desenvolvemento empresarial e Plan de Empresa, como ferramenta fundamental para a análise de viabilidade dun proceso de investigación ou creación e a súa posterior transferencia tecnolóxica, social, artística ou cultural. |
Seminarios e obradoiros de investigación en turismo | 10 horas 1º e 2º ano 1, 2 |
Asistencia a seminarios impartidos por investigadores vinculados ao programa e investigadores convidados de recoñecido prestixio. |
Seminarios de traballo conxunto entre estudiantes do Doutoramento en Turismo | 10 horas 2º e 3º ano 1 / 4º e 5º ano 2 |
Exposición e defensa pública do traballo realizado durante cada anualidade e debate sobre cuestións teóricas e prácticas nas que se fundamenta o traballo realizado. |
Presentación de comunicacións científicas a congresos nacionais e internacionais | 10 horas 2º e 3º ano 1 / 4º e 5º ano 2 |
A actividade incluirá na preparación, envío do manuscrito e a exposición pública (en caso de aceptación) dun traballo relacionado co tema de Tese en congresos, conferencias, reunións de traballo ou obradoiros doutorais, nacionais ou internacionais. |
Mobilidade e estadías en universidades e centros de investigación superior | 720 horas 2º e 3º ano 1 / 4º e 5º ano 2 |
Mobilidade do doutorando a unha universidade ou centro de investigación superior de recoñecido prestixio no campo de investigación no que se atopa matriculado. Realización de tarefas de investigación relacionadas. |
1 Estudantado a tempo completo
2 Estudantado a tempo parcial